• A CONCELLEIRA, MARGARIDA VÁZQUEZ PRESENTOU O NOVO ESPAZO WEB ESTA MAÑÁ QUE SE SUMA AOS ESPAZOS XA EXISTENTES COMO OS BLOGS IGUALDADE CORUÑA, PARTICIPACIÓN CORUÑA OU MULLERES ARTE+PARTE ASI COMO UN CANAL PROPIO EN YOUTUBE, FACEBOOK E TWITTER
• PÓDESE ACCEDER A NOVA WEB DESDE HOXE NAS DIRECCIÓNS: WWW.CORUNA.ES/IGUALDADE OU WWW.CORUNA.ES/PARTICIPACION
A Coruña, 12 de maio de 2010.- A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, presentou esta mañá a nova web da súa Concellaría, accesible desde a web municipal coruna.es. Esta nova ferramenta para a promoción, difusión e intercambio de ideas súmase aos espazos xa existentes como os blogs Igualdade Coruña, Participación Coruña ou Mulleres arte+parte, así como un canal propio en youtube, facebook, cuns dous mil seguidores, ou twitter.
A partir dun deseño inspirado na propia web municipal, de cara a manter ante os potenciais usuarios unha aparente relación co conxunto da web do Concello da Coruña, a Concellaría de Igualdade e Participación explora ao máximo as súas posibilidades procurando, por un lado “o acceso ao máximo de información con apenas dous clics”, como sinalou Margarida Vázquez, así como unha desexada interrelación e intercomunicación da Concellaría cos usuarios e usuarias da web mediante o uso de aplicacións que permiten comentar as noticias, abrir foros de debate, colgar enquisas, compartir as novas nas diferentes redes sociais, etc.
Persoal técnico da Concellaría foi o encargado de subir todos os contidos dispoñibles. Esta web estaba pendente desde a creación da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá hai menos de tres anos, polo que o seu deseño foi sufragado desde o Departamento de Planificación do Concello.
Desde hoxe pódese acceder a esta nova web entrando a través da dirección www.coruna.es, ou directamente en www.coruna.es/igualdade ou www.coruna.es/participacion
Esta web consta dun portal de INICIO, desde o que se pode acceder tanto aos contidos exclusivos da área de Igualdade como os de Participación Cidadá. Neste último apartado, resaltan o uso dunhas enquisas abertas que solicitan das e dos cidadáns a súa opinión sobre diferentes programas que desenvolve a Concellaría, aínda que Margarida Vázquez adiantou que no futuro poderán referirse a todo tipo de temas de interese cidadá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario