24.5.10

(S8), 1ª Mostra de Cinema Periférico


O Concello da Coruña, xunto coa Deputación Provincial e a Xunta de Galicia através da programación do Xacobeo, vén de presentar no marco incomparable do antigo cárcere provincial da Coruña, aos pés da Torre de Hércules, a primeira edición de (S8)1ª Mostra de Cinema Periférico, que se celebrará os días 3, 4, 5 e 6 de xuño principalmente no edificio do antigo cárcere. Será unha oportunidade única para gozar deste espazo recuperado para a actividade cultural e cidadá.




A nosa Concellaría ten a honra de colaborar significadamente a través dunha actividade individualizada denominada OBSERVATORIO.

Pronto coñeceredes máis aspectos interesantes arredor desta proposta que poderemos contar na Coruña e que espertou a atención dos e das profesionais dos sector a nivel Estado.


Margarida Vázquez, Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, posa no antigo cárcere ao lado dun cartel que anuncia o festival


Deixámosvos aquí, en auténtica primicia, unhas fotografías que amosan o estado actual do interior deste edificio que xa acolle a un importante continxente técnico que está a preparar as instalacións para albergar este evento.











1 comentario:

  1. Ola:
    veño agora mesmo do antigo cárcere da Coruña de visitar a mostra de cinema periférico.todo moi ben; recoñezo que o que máis me impactou foi a visita á propia cadea coruñesa.
    a quen competa caso de que lea este comentario:
    por favor, A Coruña non precisa de ningún parador de turismo para ricos, negocio para os de sempre, negocio ruinoso para a cidade. A nosa cidade precisa dun centro de creación cultural polivalente, alternativo e accesible a todo tipo de arte.
    unha forte aperta desde a praza da fariña.
    anxo,

    ResponderEliminar