21.5.10

O Teatro Rosalía de Castro acollerá mañá ás 19.00 horas a obra ‘Europaz’ da compañía de teatro Yeses do centro penitenciario de Madrid I Mulleres


A OBRA FAI UN PERCORRIDO POLA HISTORIA DE EUROPA CON MOTIVO DA PRESIDENCIA ESPAÑOLA DA COMUNIDADE EUROPEA

É A PRIMEIRA VEZ QUE UN GRUPO DE ACTRICES PRESAS VEN DE XIRA A GALICIA PARA AMOSAR A SÚA TRAXECTORIA E O SEU TRABALLO NO ARTE ESCÉNICO

A CONCELLEIRA DE IGUALDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ DESTACOU DURANTE A PRESENTACIÓN A IMPORTANCIA DESTE TIPO DE PROXECTOS COS QUE SE LOGRA DIGNIFICAR NO SÓ AS INSTITUCIÓNS PENITENCIARIAS SENON A TODA A SOCIEDADE

A Coruña, 21 de maio de 2010.- O Teatro Rosalía de Castro acollerá mañá ás 19.00 horas a representación da obra ‘Europaz’ da compañía de teatro Yeses, do centro penitenciario de Madrid I Mulleres (Alcalá de Henares) como homenaxe a Carmela Arias, presidenta da Fundación Pedro Barrié de la Maza fallecida o pasado ano. Esta representación conta coa colaboración do Concello da Coruña, a Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Paideia e enmarcase dentro dunha xira en Galicia que a compañía inicia hoxe en Narón seguida da que terá lugar mañá na Coruña e visitará tamén Santiago, Vigo, Pontevedra, monterroso, Bonxe, A Lama, Pereiro de Aguiar e Teixeiro.

A concelleira Margarida Vázquez que asistiu esta mañá a presentación da obra destacou a importancia deste tipo de proxectos coas que “non só se dignifica as institucións penitenciarias senón que exténdese a toda a sociedade nunha aposta firme pola reinserción e coas que se logra rachar as barreiras entre as mulleres que están intramuros e as que están fora destes muros.

Esta acción é ademáis unha homenaxe á figura de Carmela Arias e Díaz de Rábago, presidenta da Fundación Barrié fallecida en outubro de 2009, quen impulsou numerosas e continuas iniciativas nos centros penitenciarios de Galicia. Unha muller que amosou desde sempre unha extraordinaria sensibilidade hacia a situación das persoas internas nos centros penitenciarios galegos, nos que promoveu numerosas accións formativas e ocupacionais.

Máis recentemente, en 2009, a proposta de dos centros penitenciarios galegos, Institucións Penitenciarias designou ao Centro de Inserción Social da A Coruña co nome de Carmela Arias e Díaz de Rábago, que foi inaugurado no pasado mes de xullo. Asimesmo, a Asociación de Mulleres ‘Nosotras Intramuros’ do Centro penitenciario de Teixeiro (A Coruña) nomeouna no ano 2005 ‘Chica 10’.

Compañía Yeses

Teatro Yeses naceu en 1985 na antiga cárcere de mulleres de Madrid: Yeserías. Pasou logo á prisión de Carabanchel Mulleres e na actualidade está ubicado no Centro Penitenciario de Madrid I Mulleres, en Alcalá de Henares. Dependente da Secretaría General de Instituciones Penitenciarias e baixo a dirección da que foi a súa fundadora, Elena Cánovas, por esta compañía pasaron mil mulleres. Desde o primeiro momento quixeron facer algo máis que un mero obradoiro carcelario. Tratábase de inaugurar unha experiencia nova que tivese continuidade e coherencia nos seus plantexamentos, o máis parecida posible ás habituais no mundo libre. Desde entón, desenvolvéronse 40 montaxes cunha complexidade técnica e artística que foi en aumento. Esta actividade e a súa significación social foi avalada a través de numerosos recoñecementos entre os que se atopan: o Premio Calderón de la Barca 1990 do Ministerio de Cultura, Premio Dionisos que concede a UNESCO, en 2007 e Premio Unión de Actores, en 2009.
‘Europaz’: un percorrido pola historia de Europa

Agora o grupo de teatro Yeses presenta a súa última obra ‘Europaz’, da autora galega Alejandra Juno, producida e estreada en Madrid. Tras un mes de xira por diferetnes municipios madrileños, Yeses ven a amosar o seu último montaxe nun percorrido que lle levará por diferentes escenarios de Galicia desde hoxe e ata o 31 de maio. Unha xira que conta de 10 representacións tanto en teatros para público en xeral como nos cinco centros penitenciarios galegos. É a primeira vez que un grupo de actrices presas veñen de xira a Galicia a amosar a súa traxectoria e o seu traballo no arte escénico.

‘Europaz’ nace con ocasión da Presidencia de España na Comunidade Europea. Unha obra didáctica, axil e divertida, que trata de diversos acontecimentos que se sucederon neste continente. Son textos de corte farsesco e ácido, de Alejandra Juno.

Europa e Paz ten nome de muller. Europa é a máis antiga, nai e cuna de todas as civilizacións, é por tanto a máis sabia. O seu deber, o seu coñecemento e o seu profundo desexo a levan a acabar coas guerras, a buscar a concordia e atopar a Paz. Presentase Europa desde o seu orixe mitolóxico. Na obra presenciase a evolución deste continente a través dos grandes acontecementos que xurden en España: o Camiño de Santiago, o descubremento de América, o barroco... O territorio europeo é lugar de revolucións, en especial da metade das persoas que existen no mundo: as mulleres.


No hay comentarios:

Publicar un comentario