A Coruña, 19 de novembro de 2009.- O Centro de Civico Municipal dos Rosais acolle mañá pola tarde a charla-debate ‘Redescubrindo os nosos afectos’ na que se tratarán entre outros temas a afectividade e a sexualidad ao longo do ciclo vital e cómo vivimos a nosa sexualidade no momento actual.
A actividade dará comezo ás 18.00 horas e terá unha duración aproximada de dúas horas nas que un total de 20 participantes debatirán e exporán as súas opinións e visións sobre os diferentes temas referidos a educación afectivo sexual da sociedade hoxe en día.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades para a celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o vindeiro 25 de novembro, impulsado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe Margarida Vázquez.
No Centro Civico Municipal Artesanos terá lugar unha nova sesión da actividade de conto- obradoiro ‘A metade de Xan’ dirixida a nenos e nenas de 5 a 10 anos cos que a través dos contos se tratarán a forma que teñen uns e outros de representar a Xan.
A actividade dará comezo ás 17.00 horas e durará ata ás 20.30 horas tempo no que terá lugar a narración dun conto aos nenos e nenas participantes cunha duración aproximada de 45 minutos e posteriormente os nenos e as nenas separados en dous grupos por sexo representarán mediante debuxos como ven ao protagonista, Xan.
Tamén mañá pero nesta ocasión no Forum Metropolitano o obradoiro ‘Outras maneiras de ser home’ no que se reflexionará sobre como o machismo repercute negativamente na vida cotiá dos homes, ao tempo que analizaranse outras maneiras diferentes de entender a identidade masculina que favorezan a equidade entre os sexos.
Este obradoiro comezará ás 17.00 horas ata ás 20.30 horas vai dirixido a homes cun máximo de prazas de 18 e está organizado pola Asociación de Homes Galegos pola Igualdade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario