A Coruña, 13 de novembro de 2009.- O Centro de Información ás Mulleres acolle mañá o obradoiro e video-forum ‘Mirándonos, mirándoas’ no que se tratará a través de varias dinámicas a percepción e imaxinarias que teñen as mulleres migrantes das galegas e viceversa.
A actividade dará comezo ás 16.30 horas coa proxección do documental ‘Extranxeiras’ que dará paso a un traballo de reflexión en cambio de opinións entre un grupo de mulleres formado por mulleres de aquí e de fora de España co obxetivo de sensibilizar e coñecer un pouco máis da visión que teñen unhas das outras e a realidade de cada unha delas.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades para a celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o vindeiro 25 de novembro, impulsado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe Margarida Vázquez,
No hay comentarios:
Publicar un comentario