23.11.09

O Obelisco acollerá o vindeiro mércores, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o acto cívico ‘Unha Víctima, uns zapatos’


• MARGARIDA VÁZQUEZ PRESENTOU ESTA MAÑÁ O ACTO CENTRAL DO DÍA 25 NO O QUE CONVIDOU A TODA A CIDADANÍA A PARTICIPAR LEVANDO UN PAR DE ZAPATOS EN SINAL DE LEMBRANZA ÁS MULLERES ASASINADAS POLA VIOLENCIA DE XÉNERO

A Coruña, 23 de novembro de 2009.- O vindeiro mércores, 25 de novembro Día Internacional da Violencia de Xénero, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe Margarida Vázquez realizará un acto cívico baixo o nome ‘Unha víctima, uns zapatos’ co que buscase visualizar o rexeitamento da sociedade contra este tipo de violencia e sensibilizar sobre a importancia de apoiar as víctimas desde todos os sectores.

A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, animou deste xeito a participar a toda a cidadanía levando un par de zapatos que se colocarán no Obelisco o mércores ás 20.00 horas arredor dunha silueta dunha muller na que se poderá ler a mensaxe: “Esixo vivir sen violencia de xénero”. No mesmo acto lerase ademais o manifesto contra a violencia de xénero por parte da recoñecida e apreciada xornalista Isabel Bravo.

Desde o vindeiro mércores e ata o once de decembro instaláranse desde a praza de María Pita ata o Obelisco unha serie de siluetas (de muller, home, nenos e nenas) nas que se poderán ler distintas mensaxes como “exiso vivir sen violencia de xénero” , “son másculino pero non machista” ou “quero vivir segura e feliz”.



Estudio-diagnóstico ‘I Itinerario integral para a prevención da violencia de xénero na mocidade’

A Concelleira de Igualdade anunciou tamén a presentación o vindeiro 2 de decembro do estudio-diagnóstico realizado pola Concellaría no que se establecerá un itinerario integral para a prevención da violencia de xénero na mocidade.

A Concelleira destacou a importancia deste estudio xa que datos oficiais a nivel nacional revelan que máis do 50 por cento das víctimas da violencia machista son menores de 50 anos o que amosa que este tipo de comportamentos continúan existir na xente máis nova. De ahí a importancia de establecer unha actuación integral na que as distintos organismos involucrados como pode ser a Concellaría de Igualdade, o Centro de Información Xuvenil, os centros educativos e o Centro de orientación familiar traballen de xeito coordinado.

Este estudio realizado entre o alumnado de 3º e 4º da ESO e bacharelato, centros escolares e representantes dos país e nais de alumnos rematará coa elaboración dunha guía de orientación con contidos para traballar nas aulas e unha serie de pautas ao profesorado coa que comezarán a traballar a partir do vindeiro ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario