A Coruña, 18 de novembro de 2009.- A Casa Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12) inaugura ás 19.00 horas a exposición fotográfica ‘Mirada en construción’ que se complementará cunha mesa-debate sobre as mulleres inmigrantes nos medios ‘Como as vemos e como se ven’.
Marta Casal, dinamizadora do Proxecto Intercultural ADA da Concellaría de Igualdade e Participación, falará da ‘Violencia de xénero e mulleres migrantes: doblemente victimizadas e desprotexidas. Marta Tudela, responsable área xénero pola súa banda falará da ‘Violencia simbólica hacia as mulleres inmigrantes: discursos e representacións mediáticas’.
A mostra fotográfica consta unha serie de traballos de fotografía documental realizados por mulleres inmigrantes no marco do proxecto Veu Dona Sud. Acsur Cataluña. A fotografía documental baséase no seu compromiso coa realidade. As autoras "tomaron" as cámaras de uso masivo como ferramenta de expresión para falaren a través delas e daren a coñecer unha mirada xenuina sobre os seus espazos cotiáns. Universalmente, o ser inmigrante implica un constante ir e vir, un eu que se fabrica dentro dun marco de novas experiencias, prexuízos alleos e propios e ás veces coa sensación de non pertencer a ningún lugar.
Os traballos reconstrúense día a día como unha mostra da autenticidade ante os mitos e os tópicos mediáticos. A luz e a realidade ao servizo da reflexión, un bo comezo para a comprensión desde a intelixencia.
O papel das mulleres nas migracións foi invisibilizado ao longo da Historia. Nos últimos anos cobrou visibilidade, pero cómo vemos ás mulleres inmigrantes?. A súa imaxe transmitiuse asociada á submisión, á ignorancia, a trátaa de persoas e á prostitución, á violencia de xénero. Un prisma victimista ou estigmatizador limita e deforma a nosa mirada sobre estas mulleres. É unha realidade que están nunha situación de maior vulnerabilidade a todo tipo de formas de violencia de xénero e explotación pola súa condición de mulleres e de inmigrantes nunha sociedade patriarcal e xenófoba. Pero isto só debe interpelarnos e mobilizarnos para eliminar os factores que favorecen os seus malos tratos e explotación. É igualmente importante ampliar a nosa mirada sobre elas recoñecéndoas na súa diversidade e potencialidade como suxeitos protagonistas das súas vidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario