A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña, Margarida Vázquez Veras, presentou hoxe a programación de actos relativos á conmemoración do 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, que comezan hoxe 11 de novembro e que rematan xusto nun mes, o próximo 11 de decembro.
Baixo o lema xenérico “Dereitos que son deberes” preténdese incidir na importancia que ten a implicación social e a defensa dos valores cívicos como práctica ética para a erradicación destas condutas criminais.
Dende 1948 coa promulgación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proliferaron diferentes normas, declaracións, convencións, conferencias, programas e outros instrumentos nos que se reclamaban para as Mulleres unha serie de dereitos fundamentais.
A Constitución Europea recolle entre os seus principios o recoñecemento como dereito fundamental “a igualdade entre homes e mulleres” e o feito de “combatir específicamente a trata de persoas, a explotación e a violencia de xénero en todas as súas formas”.
A nosa Constitución proclama como dereitos fundamentais a liberdade, igualdade, a vida, a seguridade e a non discriminación.
Dentro deste marco xurídico aprobaronse diferentes leis específicas para a prevención e o tratamento da violencia de xénero.
Con todo, nós queremos facer referencia expresa á declaración que fundamenta o lema da nosa campaña, as actuacións que desenvolve a nosa Concellaría e, en coherencia, as actividades que contempla a campaña: a DECLARACIÓN SOBRE A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, DE 20 DE DECEMBRO DE 1993.
Dezaseis anos despois, a nosa Concellaría retomou e fixo seu o texto desta declaración, especialmente o disposto no artigo 4. O Concello da Coruña e concretamente a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá:
- parte do recoñecemento da urxente necesidade dunha aplicación universal á muller dos dereitos e principios relativos á igualdade, seguridade, liberdade, integridade e dignidade de todos os seres humanos.
- Constata que ditos dereitos e principios están consagrados en instrumentos internacionais, …….estatais, autonómicos, e no seu caso, locais…Tal e como indicamos nos párrafos anteriores.
- Planifica e desenvolve as súas actuacións en materia de prevención e intervención en materia de violencia de xénero, recoñecendo que a violencia contra a muller constitue unha manifestación de relacións de poder históricamente desiguais entre o home a a muller …
- Recorda que a muller ten dereito, en condicións de igualdad, ao goce e á proteción de todos os dereitos humanos e libertades fundamentais nas esferas política, económica, social, cultural, civil e de calquera outra índole. Entre estos dereitos destacar:
o O dereito á vida, á igualdade, á liberdade e a seguridade da persoa, a igual protección ante a lei, a verse libre de todas as formas de discriminación, ao maior grado de saúde física e mental que se poida alcanzar, ao dereito a condición de traballo xustas e favorábeis, a non ser sometida a tortura nin a outros tratos ou penas crueis, inhumanas ou degradantes.
E finalmente reiterar que o Concello da Coruña condena a violencia contra a muller e seguirá a incidir na aplicación dunha política encaminada a eliminar dita violencia. A tal fin, dende a nosa administración:
- Seguiremos a realizar actuacións de tipo preventivo,
- Incidiremos en garantizar que as mulleres obxecto de violencia e, cando corresponda, os seus fillos e fillas, dispoñan de asistencia especializada.
- Incidieremos no traballo conxunto coa comunidade educativa de cara a modificar as pautas sociais e culturais de comportamento do home e da muller.
- Adoptaremos medidas orientadas a eliminar a violencia contra as mujeres especialmente vulnerábeis.
- Promoveremos a labor do movemento asociativo e das organizacións non gubernamentais, cooperando na medida do posíbel con ditas entidades.
- …
Os plantexamentos anteriores non só orientan o lema da campaña deste ano senon que son os que guian boa parte das actuacións que contempla a mesma e, asemade, as actuacións que estamos a desenvovler ao longo de todo o ano.
Non queremos olvidar igualmente os dereitos da infancia, de ahí que no acto central do día 25 de novembro os nenos e as nenas vítimas directas ou indirectas da violencia de xénero, teñan o seu protagonismo, tendo presente a Convención dos dereitos da infancia, do 20 de novembro de 1989.
A programación contempla diversos obradoiros de autoestima dirixidos tanto a mulleres como a homes, unha exposición fotográfica chamada “Mirada en construción” sobre mulleres inmigrantes, o obradoiro de maquetismo “Cidade de Convivencia e Igualdade” para nenas e nenos de entre 5 e 12 anos, conto-obradoiro “A Metade de Xan”, a presentación do estudo-diagnose “I Itinerario integral para a prevención da violencia de xénero na mocidade, e como actividade central, a instalación de vinte siluetas representativas de persoas adultas e menores, tanto de xénero masculino como feminino, entre o Obelisco e a Praza de María Pita entre os días 25 de novembro e 11 de decembro.
Precisamente, o cartel conmemorativo desta campaña que edita o Concello céntrase, nesta ocasión, na promoción da que será, sen dúbida, a actividade de maior impacto social de todas as que se van desenvolvendo.
RESUMO DE ACTIVIDADES CONTEMPLADAS NA CAMPAÑA
A continuación, expomos unha breve síntese das actividades que contempla a campaña deste ano.
- 4 obradoiros centrados nos beneficios que supón unha autoestima saudábel
- 6 charlas-debate centradas na educación afectivo-emocional e sexual ao longo do ciclo vital
- 13 contos-taller “ a metade de xan” centrados nas dificultades que ocasiona aos nenos o feito de crecer aprendendo un modelo de masculinidade tradicional que limita as súas posibilidades e desexos.
- 2 obradoiros centrados na adquisición de información básica e pautas de actuación en materia de violencia de xénero
- 2 obradoiros (“todo por amor” e “outras maneiras de ser home” dirixidos a rapazas e rapaces novos centrados respectivamente nas consecuencias negativas dun amor mal entendido e noutras maneiras de afrontar a identidade masculina axena ao machismo que favoreza a equidade entre os sexos.)
- 5 obradoiros dirixidos á poboación infantil (“cidade de convivencia e igualdade”) na que os e as menores deseñarán e construirán unha cidade cheas de experiencias vitais onde a igualdade sexa o eixo central.
- 1 exposición (“Mirada en construción”), centrada na diversidade da inmigración feminina vista polas propias inmigrantes e na que se procederá a realizar unha mesa de presentación da mesma por parte da entidade que está na orixe da mesma (Acsur-Las Segovias Catalunya)
- 1 obradoiro e video-fórum (“Mirándonos, mirándoas”) centrado nas experiencias migratorias das mulleres e nas percepcións que temos a poboación autóctona respecto delas e a que elas teñen sobre nós.
- O acto central de conmemoración, o 25 de novembro, no que pola mañá se inaugurará un percorrido entre a praza de María Pita e os Cantóns por parte dunha representación da cidadanía (muller, home, neno, nena) simbolizada por siluetas humanas, na que éstas expoñen as súas esixencias de dereitos e necesidades.
- Colaboracións puntuais:
o Con Cruz Vermella as profesionais do CIM impartirán unha charla dirixida a profesionais da mesma entidade.
o Participación en Video-forum sobre cine centrado na temática da violencia de xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario