A Coruña, 20 de novembro de 2009.- O Fórum Metropolitano acollerá mañá o obradoiro ‘Cidade de convivencia e igualdade: deseña e constrúe a túa cidade’ no que os nenos e nenas participantes serán os encargados de deseñar e contruir distintos espazos e ambientacións (edificios de traballo, rúas, parques... ) que reflictan o que para sería unha cidade imaxinaria ideal e en igualdade.
Esta actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos e haberá un máximo de 50 participantes repartidos en dous grupos. Pola mañá a actividade realizarase de 11.00 a 13.00 horas e pola tarde de 17.30 a 19.30 horas.
Os interesados en participar pode inscribirse no Centro de Información á Muller (rúa Hortensia, s/n) ou chamando ao teléfono 981 184 356.
Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades para a celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o vindeiro 25 de novembro, impulsado pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe Margarida Vázquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario