18.11.09

Qué conmemoramos o 25 de novembro exactamente?

Lei galega prevención violencia de xénero.

Artigo 1.2." Para os efectos desta lei, enténdese por violencia de xénero calquera acto violento ou agresión,baseados nunha situación de desigualdade no marco dun sistema de relacións de dominación dos homes sobre as mulleres que teña ou poida ter como consecuencia un dano físico, sexual ou psicolóxico,incluídas as ameazas de tales actos e a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se ocorren no ámbito público coma na vida familiar ou privada".

Por tanto, a violencia exercida contra as mulleres non é, en absoluto, equiparable a outras formas de violencia que padecen tanto homes como mulleres.

O 25 de novembro conmemórase o día internacional contra a violencia de xénero, a violencia exercida contra as mulleres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario