O próximo mércores, 25 de novembro, temos previsto un Acto Cívico en recordo ás vítimas de violencia de xénero. Este acto desenvolverase a partir das 20:00 horas no Obelisco da Coruña, e consiste en solicitar o apoio cidadá en forma dun simple par de zapatos, ao que lles poñeremos o nome dunha muller, de calquera muller, que poida sufrir ou realmente sufrise violencia de xénero. O nome de calquera de nós.
Pedímosvos, coma sempre, a máxima difusión deste acto.
Segundo avancen os días, comentarémosvos máis detalles.
Allí estaremos.
ResponderEliminar