30.11.09

Presentación do I itinerario integral de prevención da violencia de xénero na mocidade.



Estimadas/os amigos:

A través do presente texto queremos invitarvos á presentación do estudo – diagnóstico que analiza e avalía os programas de igualdade de xénero do Concello da Coruña así como ao avance da guía metodolóxica que conforma o I itinerario integral de prevención da violencia de xénero na mocidade.

Na presentación de ambos produtos estarán presentes unha persoa representante da empresa Lilith, acción social e educativa, s.l – autora do estudo-diagnóstico - e Ana Iglesias Galdo, profesora do Dpto. de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, autora do avance do mencionado itinerario.

Pola especial trascendencia do tema e co obxecto de compartir un traballo no que moitos e moitas de vós participachedes ou estades a participar de xeito directo ou indirectamente, gustaríamos contar coa vosa presencia.

25.11.09

Siluetas "Dereitos que son deberes", para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero


Xa están colocadas as vinte siluetas que forman parte da exposición ao aire libre "Dereitos que son deberes", organizada pola Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña. Esta exposición, que poderá contemplarse entre hoxe e o 11 de decembro, e que está situada entre a Praza de María Pita e o Obelisco, pasando pola Rúa Rego de Auga e Rúa Real, forma parte do programa de actividades que esta Concellaría organiza en torno ao 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.
































Acto cívico

23.11.09

O Obelisco acollerá o vindeiro mércores, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o acto cívico ‘Unha Víctima, uns zapatos’


• MARGARIDA VÁZQUEZ PRESENTOU ESTA MAÑÁ O ACTO CENTRAL DO DÍA 25 NO O QUE CONVIDOU A TODA A CIDADANÍA A PARTICIPAR LEVANDO UN PAR DE ZAPATOS EN SINAL DE LEMBRANZA ÁS MULLERES ASASINADAS POLA VIOLENCIA DE XÉNERO

A Coruña, 23 de novembro de 2009.- O vindeiro mércores, 25 de novembro Día Internacional da Violencia de Xénero, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá que dirixe Margarida Vázquez realizará un acto cívico baixo o nome ‘Unha víctima, uns zapatos’ co que buscase visualizar o rexeitamento da sociedade contra este tipo de violencia e sensibilizar sobre a importancia de apoiar as víctimas desde todos os sectores.

A Concelleira de Igualdade e Participación Cidadá, Margarida Vázquez, animou deste xeito a participar a toda a cidadanía levando un par de zapatos que se colocarán no Obelisco o mércores ás 20.00 horas arredor dunha silueta dunha muller na que se poderá ler a mensaxe: “Esixo vivir sen violencia de xénero”. No mesmo acto lerase ademais o manifesto contra a violencia de xénero por parte da recoñecida e apreciada xornalista Isabel Bravo.

Desde o vindeiro mércores e ata o once de decembro instaláranse desde a praza de María Pita ata o Obelisco unha serie de siluetas (de muller, home, nenos e nenas) nas que se poderán ler distintas mensaxes como “exiso vivir sen violencia de xénero” , “son másculino pero non machista” ou “quero vivir segura e feliz”.



Estudio-diagnóstico ‘I Itinerario integral para a prevención da violencia de xénero na mocidade’

A Concelleira de Igualdade anunciou tamén a presentación o vindeiro 2 de decembro do estudio-diagnóstico realizado pola Concellaría no que se establecerá un itinerario integral para a prevención da violencia de xénero na mocidade.

A Concelleira destacou a importancia deste estudio xa que datos oficiais a nivel nacional revelan que máis do 50 por cento das víctimas da violencia machista son menores de 50 anos o que amosa que este tipo de comportamentos continúan existir na xente máis nova. De ahí a importancia de establecer unha actuación integral na que as distintos organismos involucrados como pode ser a Concellaría de Igualdade, o Centro de Información Xuvenil, os centros educativos e o Centro de orientación familiar traballen de xeito coordinado.

Este estudio realizado entre o alumnado de 3º e 4º da ESO e bacharelato, centros escolares e representantes dos país e nais de alumnos rematará coa elaboración dunha guía de orientación con contidos para traballar nas aulas e unha serie de pautas ao profesorado coa que comezarán a traballar a partir do vindeiro ano.

21.11.09

Fotos do obradoiro "Cidade de Convivencia e Igualdade"


Ofrecemos aquí unha serie de fotos que retratan os diferentes procesos de realización das maquetas que máis de corenta nenas e nenos realizaron dentro do obradoiro "Cidade de convivencia e igualdade" que organizou a nosa Concellaría.


Preparando o taboleiro


Este obradoiro, que se desenvolveu ao longo de catro horas, dúas pola mañá e dúas pola tarde, foi impartido polo "Mestre" Pedro Astruga, quen fixo as delicias dos menores e dos seus pais e nais co uso de múltiples materiais moi doados de empregar e nada perigosos, mesmo para a rapazada de cinco ou seis anos, que tamén había.


Bloques de cartón prensado e pegamento, que non sabemos de onde saíu, porque non fixo falta para nada


A idea era ensinarlles a construír unha cidade pensada para a xente, pensada para vivir e desfrutar. Unha gozada exposta en dous grandes taboleiros realizados polos dous grupos nos que dividimos aos "novos artistas" que sumaban en total entre 4 e 5 metros cadrados de urbanismo exemplar. Unha cidade para a igualdade e a convivencia. Con edificios administrativos, museos, colexios, parque de bombeiros, instalacións deportivas, fontes e rotondas, amplos espazos verdes e de circulación, hospitais, Casa das Ciencias, Torre (de Hércules, claro) e vivendas, por suposto, condición indispensable para que vivamos as persoas.




As fotos están ordenadas cronolóxicamente, intentando recoller as diversas fases da creación. Darédevos conta de que omitimos as escenas onde se visen os nenos e nenas. Obrigas da lei de protección de menores, pero o importante para todos eles, a obra realizada, aparece aquí en todo o seu esplendor. Que vos gusten.....




Vestiario infantil improvisado. Pola mañá viñeron o dobre de menores esperados


Preparando o hospital


O campo de fútbol aínda non se recoñecía ben


A Torre!


Diputazion....sen palabras


Ayuntamiento-Concello. Rematouse moi ben


Farmcia de guardia


Ese campo!


Polideportiva e pista de básket


Hospital rematado


Tamén quixeron poñer un cole. E vaia patio!


Algo de cultura nunca debe faltar...






O Concello e o Hospital xuntos. Ummmmm


O que máis molou: os coches de Pedro!






Éste quere aparcalo no Estadio!














Unha das dúas maquetas finalizada


O Hospital con Heliporto!


Agora a policía e a Garda Civil nas portas do Concello. Dobre ummmm


A segunda maqueta


Como podemos comprobar, a este grupo deulle tempo a urbanizar máis




Atención!


















Un detallazo!








Durante os próximos días, poderedes ver esta exposición nun lateral do hall do Forum Metropolitano. Despois, circulará polos Espazos de Atención á Infancia que temos por Coruña adiante: Centro de Emprego dos Rosales, Centro Cívico do Castrillón e Centro Cívico de Monte Alto. Xa vos diremos as datas.

Álex, Andrea, Sara, Xabi, Jorge, Lucía, e demais............ata a próxima!